Este mércores, 20 de xuño, a Universidade de Vigo investirá a Jacquelyn C. Campbell, experta en violencia de xénero da Universidade Johns Hopkins, de Estados Unidos, como doutora honoris causa. Ela será a cuarta muller e a vixésimo oitava persoa en recibir esta distinción por parte da institución académica. Considerada unha das máis sobresaíntes académicas en materia de violencia de xénero a nivel internacional, especialmente no eido da violencia na parella, Campbell salienta como recibe esta distinción como “unha honra incrible” e destacando como a súa concesión a unha persoa centrada nos estudos feministas “amosa o pensamento avanzado da Universidade de Vigo e o seu liderado ao abordar este problema global que está comezando a gañar a atención que merece dos medios e da cidadanía”.
18/06/2018