“A realización de diversas actividades de recuperación patrimonial, paisaxística e etnográfica da área arqueolóxica do Castelo de Lobarzán ou Castro das Laxes das Chás e a súa contorna durante os próximos catro anos”. Con este obxectivo, representantes da Universidade de Vigo e dos concellos ourensáns de Oímbra e Monterrei, onde se localiza este enclave, asinaron este venres un convenio específico de colaboración entre as tres entidades.
05/04/2019