Durante este mes de maio a comunidade universitaria terá tres oportunidade para coñecer o campus de Vigo dende outra perspectiva, para achegarse a unha contorna que é moito máis que un lugar de estudo e traballo.
Os campionatos de España universitarios seguen deixando boas novas en forma de medallas para a Universidade de Vigo. O último éxito foi o obtido esta fin de semana no CEU de bádminton celebrado no Palacio de Deportes de Santander. A UVigo conseguiu o bronce por equipos, mentres que o estudante Antonio Iglesias obtivo a medalla de prata na competición individual.
Medio cento de persoas participaron este xoves pola tarde na Xornada de Portas Abertas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Durante o percorrido polo centro tiveron a oportunidade de visitar as súas aulas, laboratorios e demais espazos do centro.
A Rede de Cátedras Telefónica súmase á celebración do centenario da compañía de telecomunicacións a través das xornadas Imaginémonos sin límites, unha iniciativa que está a levar ao cociñeiro Ferran Adrià por diferentes universidades no Estado. O vindeiro día 22 de abril o chef visitará o campus de Vigo,
A alumna da Universidade de Vigo Andrea Montes conseguiu esta fin de semana a medalla de prata no Campionato de España Universitario de Halterofilia, celebrado en Los Alcázares (Murcia).
A programación 2024 das rutas culturais da Universidade de Vigo, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte, continúa o sábado 16 de marzo coa Ruta Cultura da Auga. Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)-A Guarda.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 2 de marzo cunha andaina de montaña que descorrerá por Cabeza de Manzaneda pola serra de San Mamede (Ourense).
Baixo o título El placer de las mujeres importa, este mércores presentouse no campus de Ourense un corto de animación que ten como obxectivo reivindicar e visibilizar a sexualidade feminina e de xeito especial o clítoris.
A programación 2024 das rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo continúa o sábado 17 de febreiro cunha andaina de montaña que descorrerá pola serra de San Mamede.
Dende a aprobación en 2021 do Estatuto do Estudantado Deportista na Universidade de Vigo, o número de alumnado que ten recoñecida esta acreditación non fixo senón aumentar curso tras curso.
441 estudantes de 20 centros de ensino secundario de toda Galicia participarán os vindeiros 25, 26 e 27 de abril nas II Olimpíadas Teleco. Así o anunciou este xoves a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz, na presentación en Vigo da 2º edición das probas.