Non todo son clases, horas na biblioteca, cafetarías e deportes. A vida universitaria, como etapa de formación integral das persoas, ábrese a un abano de posibilidades no que a solidariedade e participación se refire. Para estes voluntarios a Universidade de Vigo ten deseñado un programa amplo que comprende eidos de actuación como a terceira idade, a infancia, os colectivos desfavorecidos, o medio natural ou o mesmo o apoio a estudantes con necesidades especiais. Os programas, tanto propios como en colaboración con asociacións e ONG, teñen como obxectivo promover a integración do estudantado na realidade social favorecendo comportamentos colaborativos e asociativos. O vicerreitor de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas, aposta por dar un paso adiante, por valorar como se mereces este tipo de “formación imprescindible”.
13/01/2011