Mellorar a comunicación e a coordinación entre profesores e co alumnado. Estas son as razóns que levaron á Escola Superior de Enxeñería Informática do campus de Ourense a adoptar a contorna Google Apps Educación para o seu correo electrónico, así como o resto de ferramentas do servizo (Docs, Calendar, Sites …). Un cambio que o director da Escola, Enrique Barreiro, explicou no Club Financiero Vigo ante empresarios e responsables tecnolóxicos nunha xornada organizada por Google e Redegal que foi a encargada de realizar o proceso de cambio no centro. “Pasamos o noso correo electrónico á contorna de Gmail, pero co dominio @esei.uvigo.es”, explica Barreiro, “co que os nosos usuarios teñen 25Gb de almacenamento, poden redirixir o correo a outras contas e eliminamos a necesidade de manter un servidor de correo electrónico”.
09/05/2012