“Alianza estratéxica”, así definiron o reitor, Alberto Gago, e o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, a nova etapa que hoxe inician ambas institucións tras a sinatura do convenio de adscrición á Universidade de Vigo da Escuela de Negocios Caixanova, onde se darán os estudos conducentes á obtención do título de Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Mestrado en Administración e Dirección de Empresas (MBA), entre outras opcións que no futuro poidan ser de interese para ambas partes.
Resaltando o aspecto de que “o mellor está por chegar”, tal como sinalou Fernández Gayoso, ambos asinantes manifestaron a súa satisfacción por un acordo co que, segundo Gago, “o que facemos é sumar dous prestixios”.
23/07/2009