Aínda que tradicionalmente son os nenos de Primaria os primeiros en volver ás aulas, este curso toma vantaxe o alumnado universitario vigués. Coa chegada de setembro a actividade académica volve encher de vida as aulas universitarias e os primeiros en incorporarse son os alumnos dos graos, que iniciarán as clases este mesmo luns, 5 setembro, e a eles uniranse a partir do día 13 os alumnos e alumnas matriculados nalgún dos 77 mestrados que oferta este curso a Universidade.
Nesta ocasión será Vigo o escenario do acto oficial de apertura do curso universitario en Galicia. A cerimonia celebrarase o venres 16 de setembro no salón da actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a ela acudirán, ademais do reitor vigués , Salustiano Mato, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
02/09/2011