Os responsables das consellerías de Medio Ambiente, Mar e Educación, da Universidade de Vigo e do CSIC en Galicia celebraron este mediodía en Santiago unha primeira xuntanza co obxectivo de iniciar o proceso que desembocaría na localización do Campus do Mar en terreos da ETEA. Segundo avanzou o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, o encontro no que tomaron parte os conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, do Mar, Rosa Quintana e de Educación e Ordenación Universistaria, Jesús Vázquez; o director do CSIC en Galicia, Uxio Labarta e o director do Laboratorio Internacional de Referencia de Toxinas Marinas, “foi unha primeira toma da contacto orientada a aproximar as necesidades para desenvolver o Campus do Mar en terreos da ETEA, ademais de establecer un calendario de actuacións e sinalar os que serán interlocutores neste proceso”.
24/03/2010