Os dragóns son embarcacións, con certa tradición en Portugal e reminiscencias orientais, que a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais recupera para desputar o I Trofeo Interuniversitario que se celebrará o vindeiro 22 de maio en augas de Tui. Na regata, que pretende ser un punto de encontro entre as comunidades educativas de Galicia e o norte de Portugal, daranse cita seis barcos dragón, un por cada universidade da eurorrexión, Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Minho, Tras os Montes e Porto.
14/04/2010