Sen luz non hai visión pois é o estímulo necesario que fai efectiva á vista. Por esta función imprescindible que realiza, a Sala X de Belas Artes quíxolle render unha homenaxe á luz a través de Watts, unha exposición que se inaugurou este xoves coa presenza da vicerreitora do campus, Antonia Blanco e do decano de Belas Artes, Juan Carlos Meana e que recolle distintas miradas e perspectivas sobre o tema, materializadas por sete artistas, Ana Seoane, Carlos Isla, José Andrés Santiago, Fran Miguens, Miguel Cuba, Christian G. Bello e Eduardo Outeiro. Son propostas diferenciadoras que ofrecen unha visión panorámica e de variedade, desde a luz como fonte de cor, como xeradora de vida ou mesmo cun enfoque máis tráxico. En palabras de Antonia Blanco, “Watts describe o potencial real dos artistas, resultado de unir esforzos baixo un mesmo paraugas”.
03/12/2010