Os medios de comunicación contribuíron dun xeito decisivo a que a violencia machista abandonase o “ámbito privado para ser considerada un problema de todos”, conclúe Patricia Costa na súa tese de doutoramento O tratamento da violencia machista e a loita pola igualdade na radio pública. Mais a súa investigación, dirixida polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Fernando Ramos, tamén lle permitiu constatar que, na actualidade, “a maior parte da poboación xa non identifica a violencia machista como unha das súas principais preocupacións, algo que podería estar estreitamente ligado a un menor esforzo por parte dos medios de comunicación”. Segundo o CIS, no 2004 o maltrato era unha das máximas preocupación dos españois, mentres que agora ese índice supón unha porcentaxe practicamente insignificante”, explica Costa.
10/01/2014