Os libros son os grandes protagonistas de calquera biblioteca, o seu ben máis prezado. Desde o pasado 21 de novembro, na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense pódese ver unha exposición de libros que son tamén auténticas xoias aínda que doutro xeito. Son “libros de artistas”, pezas elaboradas a través dun singular proceso creativo entre varias persoas e que xuntas forman a exposición En que estado quedarán?. Nela, pódese ver o traballo realizado por Manoel Bonabal, Julia Pintao, Carmen Cierto, Begoña Pastoriza, Teresa Pedroso, Renata Carneiro, Paz Vicente, Ceu Costa, Inma Doval e Miriam Rodrigues.
26/11/2013