Este ano conmemórase o Ano Internacional da Química co gallo do centenario da concesión do primeiro Premio Nobel de Química a unha muller, a Marie Curie. A Facultade de Ciencias únese a esta celebración coa organización das primeiras xornadas A Química e as novas xeracións, que este martes comezaron dun dos mellores xeitos posibles: co relatorio dunha investigadora nova, Cristina Núñez, falando da química de vangarda, a supramolecular, desde os seus orixes á actualidade. Á súa conferencia seguiranlle outras 14 intevencións de investigadores mozos que durante dous meses afondarán en Ourense no pasado, presente e futuro da química.
29/03/2011