Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a mostra Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
Alumnado do Grao de Ciencias Ambientais está a celebrar ata o martes 16 o I Congreso de Ecoloxía da Facultade de Ciencias de Ourense, póndose na pel de verdadeiros investigadores e investigadoras.
No curso 2018-2019 botou a andar na Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do campus de Ourense o seu club de lectura, chamado A Comarca en referencia ás novelas O hobbit e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien.
Alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense desenvolveu recentemente o proxecto músiCA(c)TIVA: sesións musicais en escolas infantís do rural ourensán.
Convocada pola Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, este xoves celebrouse entre os edificios de Ferro e Politécnico unha concentración de “repulsa polos actos vandálicos exercidos contra a exposición de fotografía Resalire”.
A sala de exposicións Alterarte e o paseo da igualdade do campus de Ourense acollen a mostra Resalire. Con fotografía de Fuco Reyes, esta iniciativa da organización non gobernamental Igaxes forma parte da campaña #NonNosXulgues, pola desestigmatización da mocidade tutelada.
O edificio Politécnico campus acolleu este venres a proxección da película 12 no Camiño, realizada e protagonizada por alumnado do Programa Universitario de Maiores (PUM) da UVigo en Ourense.
Por terceiro ano consecutivo, o coro universitario do campus de Ourense Schola Cantorum ofrecerá o sábado 16 de decembro, ás 20.00 h, o seu concerto de Nadal.
Esta semana, do 12 ao 14 de decembro, celébrase de xeito virtual o I Congreso Ciudades de los Muchachos, no que se fai memoria de Benposta e se aborda o seu legado e os proxectos herdeiros dela.
A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolle este venres a celebración das I Xornadas Filosofía+Ciencia (Ficou), destinadas a alumnado e profesorado de Bacharelato. Nelas exploraranse de xeito divulgativo cuestións fundamentais de filosofía da ciencia.
No Grao de Turismo da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense estase a desenvolver un proxecto de aprendizaxe servizo á comunidade centrado en facer ao seu alumnado consciente e partícipe das necesidades que teñen as persoas con diversidade funcional e intelectual, especialmente con discapacidade visual, para poder gozar do tempo de ocio.
Tres alumnas do Grao de Educación Primaria da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense son as gañadoras do primeiro e segundo premio do certame TikTok de Musique 2023, convocado pola Federación Española de Asociaciones de Profesores de Francés co gallo do día internacional destes docentes.
O campus de Ourense uniuse este xoves e venres á conmemoración 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, coa celebración de varias conferencias e gardando un minuto de silencio. As actividades tiveron lugar no edificio Xurídico-Empresarial.
Xunto ás aulas de teatro e danza, a de música tradicional galega é unha das máis consolidadas no campus de Ourense. Este cuadrimestre, a aula esgotou de novo as súas 13 prazas dispoñibles.