Tras oito edicións a Scul Party chega de novo ao campus cargada de actividades, concursos e tecnoloxía. Organizada pola delegación de alumnos da ESEI, esta festa de informática reunirá dende o 24 ao 26 de abril, na sala de lectura do Edificio de Ferro, a participantes tanto da Universidade de Vigo como de fóra. Pasaron xa oito anos dende aquela primeira festa informática, sen embargo, a pesar do paso do tempo mantense o espírito inicial de “compartir e intercambiar información, coñecer xente, facer amigos e aprender cousas novas sobre tecnoloxía a través doutras persoas”, explica unha das organizadoras, Silvia Rivas.
15/04/2009