Ensaio, golpe de castigo, melé…son palabras que forman parte da xerga do rugby coas que os participantes no curso de iniciación terán que familiarizarse. Nesta iniciativa, organizada polo Servizo de Deportes, poden participar tanto mozos como mozas que estean vinculados ao deporte e formen parte da comunidade universitaria. Non é necesario ter ningún tipo de coñecemento previo ou aptitudes físicas especiais para poder formar parte deste curso, posto que se trata dunha introdución ao mundo do rugby. Os interesados nesta disclipina teñen de prazo ata o vindeiro mércores catro de novembro para inscribirse e poden facelo no Servizo de Deportes. O prezo desta actividade é de 20 euros, coa que se poderá obter ademais dous créditos de libre configuración, ou ben un ECTS.
30/10/2009