É un posto de recarga lenta, en corrente alterna, monofásica e de 16 amperios e, o máis importante, é de balde. A Universidade coloca no campus de Vigo a súa primeira electrolinera, un posto de carga para vehículos eléctricos que supón un verdadeiro punto de inflexión de cara á mobilidade sostible e cara a que xa se chama a terceira revolución industrial. “Queremos dar exemplo e estar na vangarda do que debe ser a sensibilización social, non só importante dende o punto de vista ambiental, senón tamén pensando en asegurar o noso futuro e no novo modelo económico cara ao que debemos de ir”, asegurou o reitor Salustiano Mato.
06/05/2011