Tras un comezo de partido moi frouxo, cun resultado parcial de 2-12, os xogadores do Campus Universitario, conseguiron no seu enfrontamento co Narón, remontar o marcador chegando ao descanso cunha vantaxe de case 20 puntos. Grazas a un partido ben xogado, o resultado final foi o desexado, unha vitoria de 86-81. O encontro foi, en palabras do adestrador, Javier Pérez, “vistoso, con moito acerto nos tiros de fóra e con moita rapidez, foi o partido que a nós nos interesaba, con ritmo e boa defensa”.
20/10/2008