Nun país que historicamente sempre foi unha referencia no ámbito aeroespacial, Samara, a sexta cidade máis poboada de Rusia, é coñecida como “a capital do espazo de Rusia”. Nesta cidade, situada á beira do río Volga, na que se fabrican os foguetes Soyuz e naves espaciais que van á Estación Espacial Internacional, atópase a Samara State Aeroespace University, “hoxe en día un dos centros científicos e de educación máis poderosos en Rusia”, segundo Ilya Kudryavtserv, decano da Facultade de Enxeñaría de Radio da Universidade de Samara. Kudryavtserv visita estes días a Universidade de Vigo para procurar a colaboración dos investigadores responsables na institución de GENSO, a nova rede mundial de satélites non comercias en bandas libres da que a Universidade de Vigo foi seleccionada como núcleo central de operacións en Europa.
08/05/2012