O abuso sexual infantil, explica a pedagoga Rosa María Rúa, “ocasiona efectos devastadores e permanentes a curto e longo prazo nos menores de idade obxecto desta violencia polo que debe ser interceptado canto antes”. Tendo en conta que a “contorna escolar ten un papel decisivo na súa detección e afrontamento”, na súa tese de doutoramento abordou a formación do profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) respecto á detección e afrontamento deste tipo de casos.
17/03/2022