Na xornada na que se celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Mandarina reivindicou no espectáculo que este mediodía representou no Centro Comercial de Cidade Universitaria, a sexualidade como foco de poder das mulleres. Na obra El orgasmo es cosa de mujeres, a actriz arxentina Laura Muñoz fai una alarde de intelixencia, humor e ritmo, nun espectáculo que sorprendeu ao público que se deu cita para presencialo pola súa espontaneidade e elocuencia.“Falo da miña vida”, confesa Mandarina, “como por exemplo a negativa da miña avoa a que fose artista, porque segundo ela as mulleres non temos sentido do humor. Unha afirmación que conseguín desfacer”.
25/11/2009