O venres da vindeira semana darase o pistoletazo de saída á campaña electoral das eleccións ao Parlamento de Galicia. Pero antes, o martes, os alumnos do campus terán a posibilidade de escoitar as propostas do candidato do Bloque Nacionalista Galego, Anxo Quintana e plantexarlle preguntas sobre os temas que máis lles preocupan. A iniciativa desta sorte de Señor Quintana, teño unha pregunta para vostede partiu dun alumno da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Borja Dapena. Segundo explica, “cursamos invitacións aos tres candidatos, a Emilio Pérez Touriño, do PSOE, Alberto Núñez Feijoo, do PP, e Anxo Quintana, do BNG; aínda que finalmente, por motivos de axenda, só poderá asistir este último”.
05/02/2009