O reitor, Alberto Gago, e o vicerreitor do campus de Pontevedra, Jesús Hernández, visitaron hoxe a residencia da ONCE, acompañados por un equipo técnico e pola concelleira de Urbanismo, Teresa Casal, para analizar o estado das instalacións que o goberno municipal lle cederá á Universidade. Tralo percorrido declararon ter levado unha boa impresión do edificio e que, en función do uso para o que foi concibido, pode axeitarse para unha residencia universitaria e outros servizos complementarios moi demandados no campus, como unha sala de lectura permanente aberta as 24 horas ou unha sala de traballo, pero en ningún caso para albergar unha nova titulación.
16/12/2009