Co orgullo de ser a primeira promoción no Estado do Grao en Fisioterapia, 39 estudantes do campus recolleron hoxe os seus diplomas no acto celebrado no Liceo Casino de Pontevedra. O director da escola pontevedresa, Manuel Gutiérrez, felicitou por isto aos egresados. Destacou o esforzo realizado pola xunta de centro e o actual equipo directivo para a implantación do grao e a implicación do alumnado, que decidiu en masa cambiarse ao novo título. Con todo, o centro mantivo a posibilidade de continuar aos que xa comezaran a diplomatura e, de feito, hoxe recibiron tamén o seu título os tres estudantes do plan antigo.
11/06/2010