A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este martes a conferencia A Fundación Vicente Ferrer e a loita contra a pobreza na India, ofrecida por Lancy Dodem, portavoz do Departamento de Comunicación desta fundación. A iniciativa é a primeira que organizan o Grupo de Investigación Medea Iuris e a Delegación de Alumnas e Alumnos da Facultade de Dereito no marco da colaboración asinada o pasado 25 de abril coa Fundación Vicente Ferrer e que ten como obxectivo recadar fondos para proxectos desta organización sen ánimo de lucro.
22/05/2018