A novena edición do Forumemprego que se celebrará nos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense os días 23, 24 e 25 de febreiro, repite nos primeiros días de inscrición o éxito de pasadas edicións nas que en poucas xornadas quedaron esgotadas as prazas dispoñibles. Así, para a edición deste ano, un día despois de abrirse o prazo de inscrición xa se cubriron 349 das 918 prazas. Cifras que reflicten o éxito deste encontro, no que a maior concorrencia adoita darse no campus de Vigo, que este ano oferta un total de 380 prazas nas que xa se rexistraron 256 matriculados, mentres que case a metade das 110 prazas de Pontevedra e das 128 de Ourense tamén están cubertas. O encontro que comezará en Vigo o día 23 permitirá dar resposta ás principais cuestións do alumnado sobre o mundo laboral que se lle presentan ao estudantado dos últimos cursos ou titulados na busca o primeiro emprego.
05/02/2010