Proxecto transfronteirizo por definición, o Campus de Excelencia Campus do Mar traspasa fronteiras e ten a súa vista posta en convertese nunha iniciativa continental, que consolide a Vigo como a Universidade do Mar en Europa. Un bo comezo para esta andaina internacional é a presentación do proxecto ao funcionariado galego que traballa nas altas instancias da Unión Europea en Bruxelas, un labor que está a desenvolver o reitor, Salustiano Mato, que se atopa estes días de viaxe na capital belga.
Segundo explica, a acollida do proxecto está sendo moi boa entre o colectivo de galegos, “todos aplauden a idea pero tamén se amosan sorprendidos porque, aínda que lles soaba esta música, non agardaban que se tratara dun proxecto tan desenvolvido, tan claramente definido e sobre todo tan viable”.
15/12/2010