Como fontes de xeración de ideas, innovación e coñecemento, as universidades poden ser un factor clave para saír da crise. Pero esas ideas precisan ser avaliadas, maduradas, traballadas, postas en marcha e tamén comunicadas para converterse en oportunidades de negocio. Nese aspecto formativo cos emprendedores traballa a Cátedra Bancaja da Universidade que, segundo explica a súa directora, Ana Gueimonde, “trata de difundir no eido universitario os valores e aptitudes propios da cultura emprendedora e a creación empresarial”.
Entre as múltiples actividades que organiza, dende a cátedra vén de poñerse en marcha o programa Ideas Emprendedoras con Valor, que inclúe un obradoiro e un concurso ao mellor proxecto.
07/04/2011