O cadro sénior masculino de baloncesto volta á competición este sábado nun partido contra o líder da categoría, o CB Tui. Tamén regresan á competición tras o descanso do Nadal os xogadores de rugby, que se desprazarán ata A Coruña para xogar contra o tamén líder da súa categoría, o CRAT A Coruña. Ademais, esta fin de semana haberá partido do equipo júnior de baloncesto masculino, que xogará o domingo no pavillón do campus universitario contra o Estudantes de Lugo, equipo da base do Breogán.
15/01/2010