A firme aposta da Universidade, e máis concretamente da Escola de Enxeñería Industrial, pola robótica non é novidade, exemplos coma Rato e máis recentemente o botóns Bellbott dan boa mostra disto. Neste contexto e co obxectivo prioritario de seguir formando en “alta tecnoloxía” e en “innovación tecnolóxica”, este luns asinouse un convenio de colaboración coa empresa Kuka Robots Ibérica polo que ambas partes traballarán de forma conxunta en temas de formación e mobilidade, tanto de profesorado como de alumnado, e grazas ao que se creará a Aula Kuka, un laboratorio no que se instalará un robot industrial e varias licenzas de software relacionado con robótica que a empresa se compromete a actualizar anualmente.
“É fundamental para nós crear, ademais das cátedras, outras ferramentas que nos permitan mesturarnos dunha maneira máis eficiente co tecido empresarial”, salientou o reitor, Salusiano Mato, tras a sinatura do acordo.
14/03/2011