“Conseguimos cubrir un baleiro temático do sector acuícola xa que este foi moi estudado dende un prisma biolóxico, técnico e médico-veterinario, pero apenas fora analizado dende a óptica da rendibilidade, crecemento e expansión económica”. Con estas palabras explica Carlos Ferro, director do curso de verán Xestión das explotacións acuícolas, o éxito da iniciativa que, neste ano, alcanza a súa quinta edición. O curso, organizado dende a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, conta cun programa de carácter teórico e práctico, incluíndo visitas a centros especializados e unha ruta en barco pola ría de Arousa para coñecer as explotacións mariñas .
07/06/2012