Alberto Gago fala nesta entrevista no DUVI dos retos máis relevantes que afronta a Universidade de Vigo neste curso 2007/2008 que acaba de comezar, entre os que se atopan a actualización da oferta de titulacións, o rexuvenecemento do cadro de doutores, ou as infraestruturas que nos próximos meses remataranse (CITI ou Biblioteca de Ciencias) ou comezarán (proxecto de Vías Elevadas) nos tres campus.
O nomeamento nos próximos meses dunha novo equipo de xerencia, a política de I+D+i da institución ou as posibilidades que a cidade de Vigo ten de acoller nuns anos a celebración dunha Universiada, son outros asuntos dos que fala o Reitor da Universidade de Vigo, que tamén avanza que nos próximos meses verá a luz o Plan Estratéxico que fixará os camiños polos que debe transitar a universidade á fronte da que Alberto Gago cumpriu o pasado mes de maio, un ano de mandato.
11/10/2007