Sempre buscando novas formas para achegarse á comunidade universitaria, o Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Catorum está a celebrar un ciclo de charlas en diferentes centros que ten como obxectivo amosar o potencial da práctica musical nas diferentes áreas de estudo.
Os días 26, 27 e 28 de setembro celébrase en diferentes espazos das provincias de Ourense e Pontevedra o último dos cursos de extensión universitaria deste ano, titulado Turismo de benestar baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra.
O Foro Económico de Galicia, coordinados polo Grupo Gen da Universidade de Vigo, fixo público este martes un documento no que analiza as repercusión financeiras que tivo en Galicia a reestruturación bancaria.
Transcorridas unhas semanas desde o inicio do curso académico 2018/2019, agora é un bo momento para que os membros da comunidade universitaria busquen oco nas súas axendas para realizar algún dos obradoiros que organizan. Este cuadrimestre son 13 as opcións que teñen.
Diferentes tipos de primates, lémures, osos … un amplo catálogo de animais en perigo de extinción veñen de ocupar os muros da sala de arte contemporánea do campus de Ourense Alterarte nunha exposición de Xosé Vilamoure.
Durante este mes de setembro, o recuncho temático de fomento da lectura situado na entrada da Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense acolle unha mostra de libros infantís, dirixidos a nenas e nenos de entre 3 e 10 anos, non estereotipados e non sexistas.
Aprender, de man de especialistas, a coidar a voz e os contidos do discurso para acadar unha comunicación máis eficaz. Con este obxectivo arrancou este luns o curso de extensión universitaria Educación da voz e do discurso. Pedagoxía para unha comunicación eficaz.
Un novo curso académico máis o Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum arranca a súa actividade e faino facendo un chamamento para que os membros da comunidade universitaria con gañas de aprender a cantar se unan a el.
Pór en cifras a realidade e as potencialidades de futuro do Polígono de San Cibrao. Con este obxectivo un grupo de investigación da Universidade de Vigo liderado polo profesor Andrés Mazaira está a realizar un estudo que foi presentado este xoves na asociación de empresarios deste polígono.
Desde este luns, o campus de Ourense acolle as actividades formativas que forman parte da programación da oitava edición de Corpo(a)terra, o Festival de Danza e Artes do Corpo de Ourense, que se celebra ata o 14 de xullo en prazas e recunchos desta cidade.
A Aula da Natureza de Oira acolleu este mércores unha actividade didáctica destinada a nenos e nenas sobre a avespa velutina. Nela, investigadoras do campus compartiron cos cativos e cativas unha sesión moi divertida ademais de formativa.
Este martes Xosé Manuel Cid, profesor da Universidade de Vigo, será un dos encargados de presentar no Liceo de Ourense a programación organizada para o 7 de xullo co gallo dos 150 anos da extinción do Couto Mixto, ao que a Universidade de Vigo está vinculado.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolleu este venres a celebración da Xornada numismática: moeda medieval. A cita contou coas intervencións dos especialistas na materia Antonio Roma e Manuel Mozo.
A narrativa audiovisual do presente: vieiros, formatos e pantallas. Con este título preséntase a XV edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que este ano se celebra do 3 ao 6 de xullo no marco da programación de cursos de extensión universitaria do campus de Ourense.
O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Gen da Universidade de Vigo, vén de facer público o seu Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica referido ao mes de abril, que se mantén no 3,8%.