Na semana previa ao seu inicio, o Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas viuse obrigado a pechar as súas inscricións, cando estas roldaban as 200, o que sumado aos e ás conferenciantes e aos integrantes do comité organizador fará que o Pazo da Cultura reúna, entre o 28 e 30 de outubro, preto de 250 expertos, adestradores e profesionais ligados a este deporte dunha decena de países.
19/10/2022