A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebrou este martes unha nova xornada da súa iniciativa Hostalaría e sociedade. Despois da participación o pasado curso de Daniel Guzmán e Julio Sotomayor, do restaurante cunha estrela Michelín Nova, e de Aser Álvarez, de Casa Galeguesa, nesta ocasión os convidados foron Francisco Domínguez, propietario do Café Pacífico, e Noel Fernández, o seu chef. Eles falaron da súa experiencia de transformación dun negocio hostaleiro familiar.
18/12/2018