Nos XXV Campionatos Galegos Universitarios de Deportes Colectivos, celebrados en Lugo os días 7 e 8 de marzo, a Universidade de Vigo gañou, entre outras modalidades, na de rugby 7. Dos nove xogadores que formaban o equipo que representou á institución académica, seis pertencen ao Campus Universitario Ourense Rugby Club e veñen, acompañados polo equipo directivo deste club, de reunirse con Elena Rivo, vicerreitora do campus de Ourense, para presentarlle o trofeo acadado e compartir a súa satisfacción polos resultados acadados.
28/03/2023