O investigador da Universidade de Vigo Pedro Casado centrou a súa tese de doutoramento no estudo dunha proteína, a calprotectina, como ferramenta diagnóstica do derrame pleural. Os resultados non deixan lugar a dúbidas e conclúen de xeito claro que esta proteína é un parámetro bioquímico válido e útil na práctica clínica.
Despois que a irrupción da covid-19 obrigase a suspendelo en 2020 e a desenvolvelo de xeito virtual en 2021, o Congreso Internacional de Mediación Lectora recupera neste 2022 o seu carácter presencial e terá lugar nas tardes do 10, 17 e 24 de marzo no Pazo da Cultura.
Os logros deportivos, profesionais e vitais de Susana Rodríguez Gacio centraron na noite deste xoves a primeira das actividades que impulsa no presente curso académico a Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle este mércores pola tarde unha conferencia sobre oportunidades laborais para alumnado de Educación Infantil en Alemaña. As e os estudantes de grao e mestrado e as e os egresados nesta titulación que se achegaron puideron coñecer as ofertas de inserción laboral existentes nese país e os requisitos previos para acceder a elas.
O Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, Cinbio, deu esta semana a benvida a un grupo de cinco estudantes de doutoramento da ITMO University de San Petersburgo, que pasarán os vindeiros catro meses colaborando cos equipos do centro. .
Que similitudes existen entre as máscaras tribais prehistóricas e os filtros faciais dun iPhone? Esta é unha das preguntas abordadas no ensaio que a investigadora do grupo PR3CULT da Facultade de Belas Artes Marta Bran realizou para No soy un gato. Filtros y máscaras de la contemporaneidad.
Tras dous anos e medio, e cunha pandemia entre medias, o Laboratorio Transfronteirizo de Biotecnoloxía Mariña é xa unha realidade. A súa creación era o obxectivo central do proxecto BlueBioLab.
Co propósito de contribuír á educación ambiental da comunidade universitaria e no marco das accións do programa Green Campus, a Vicerreitoría desenvolve unha campaña informativa centrada nunha serie de medidas de carácter cotiá que poden contribuír ao aforro enerxético.
Hai uns 145 millóns de anos, no tránsito do Xurásico ao Cretácico, a península ibérica presentaba un clima relativamente seco, con condicións xeneralizadas de aridez e probablemente con cambios estacionais
Na súa tese de doutoramento, a xurista Marta Comesaña realizou unha exhaustiva análise deste dereito á protección de datos no ámbito laboral, tanto da súa evolución histórica como da súa situación actual ante retos como o dereito á desconexión dixital.
Verbas como afouteza, xoaniña, agarimo, luscofusco ou agasallo pódense ler este luns nos paneis instalados na entrada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna.
Case dous anos despois de que a covid-19 obrigase á suspensión da competición, neste mes de febreiro retomáronse os encontros presenciais da Liga Galega de Xadrez, na que o primeiro equipo da Escola Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo encadea dous triunfos nas dúas primeiras xornadas.
Desenvolver unha ferramenta de apoio á toma de decisións na xestión sanitaria nun contexto como o provocado pola covid-19 é o obxectivo de Practicum Direct, un proxecto de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), do que forman parte o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo.
Editados por Cambrigde University Press, a presentación dos libros Wasteocene e Forces of Reproduction, dos investigadores Marco Armiero e Stefania Barca, permitirá afondar o vindeiro mércores 23 nos efectos da actividade humana sobre os ecosistemas desde dúas visións alternativas á habitual concepción do Antropoceno.
A Facultade de Educación e Traballo Social colabora co CEIP Mestre Vide de Ourense nun proxecto educativo que se está a desenvolver nunha aula de Infantil dese colexio e no que nenas e nenos traballan valores sociais a través de superheroes e superheroínas de cómic.