Exipto, Xordania, Libia e Siria, poderían tomar como referencia para a salvagarda do seu patrimonio cultural inmaterial ao Proxecto Ronsel, unha iniciativa que desde hai dous anos traballa na investigación, promoción, protección e difusión do patrimonio cultural inmaterial galego. O Proxecto Ronsel, froito da colaboración entre a Xunta e as tres universidades galegas e coordinado pola Universidade de Vigo, foi unha das catro iniciativas que a Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, elixiu para que aos países que están integrados no proxecto MedLiher: Exipto, Xordania, Libia e Siria, coñezan accións que lles poidan servir de guía na preservación do seu patrimonio inmaterial.
29/05/2009