“Este convenio vén a renovar a colaboración da Universidade con Vodafone e incorpora a Altia como parceiro nunha clara aposta por Galicia, e por Vigo en concreto, no eido das TIC”, así resumiu o reitor, Salustiano Mato o contido de cadanseu convenio de colaboración con Altia, compañía de servizos TIC, e Vodafone España, asinados este venres e que sitúan á universidade viguesa como un parceiro ideal para aquelas empresas que teñen como eixe fundamental de actividade as tecnoloxías da información e das comunicacións. “Para a Universidade, máis aló da localización física destas empresas na Cidade Tecnolóxica, esta colaboración ten beneficios intanxibles, xa que abre as portas aos nosos egresados no mundo das TIC”, engadiu Mato.
15/04/2011