Transcorridos cinco días da súa posta en órbita, XaTcobeo segue a confirmar a súa viabilidade nas condicións máis esixentes nas que nunca ten operado un cubesat . O picosatélite da Universidade de Vigo atópase na fase inicial da súa misión na que, segundo o investigador principal do proxecto e profesor Fernando Aguado, “se pode afirmar de forma obxectiva e constatable que cumprimos con éxito o proceso de deseño, fabricación, validación e aceptación, segundo os estándares da Axencia Espacial Europea para unha órbita tan esixente”. Cuberto o obxectivo fundamental do proxecto, o educativo, nestes primeiros días na contorna espacial máis esixente en canto a niveis de radiación, vibración e temperatura, foi posible cualificar a parte fundamental dun deseño que implica que, segundo Aguado, “ o sistema funcionará de forma inmellorable en órbitas comerciais, xa que foi validado en condicións moitísimo máis esixentes respecto das que ten operado ningún cubesat ata hoxe
17/02/2012