España segue sendo un destino preferente para o alumnado estranxeiro e as cifras avalan o seu atractivo. Neste contexto, a Universidade de Vigo continúa crecendo e posicionándose á cabeza de Galicia en número de estudantes que elixen a institución para completar a súa formación fóra do seu país. Erasmus, ISEP, convenio bilaterais... a diversidade de programas de mobilidade internacional existentes permiten que o intercambio vai máis aló da vella Europa e se abra a Asia, EEUU e Sudamérica. Grazas a este esforzo por diversificar destinos este curso chega a Vigo por primeira vez un estudante coreano, uníndose á cada vez máis ampla representación asiática nestes programas.
Así, no segundo cuadrimestre a Universidade recibe 214 novos estudantes, que se suman aos 125 que cursan o ano completo. Deste xeito, nos próximos meses haberá na Universidade 339 estranxeiros, 245 en Vigo, 39 en Ourense e 55 en Pontevedra.
01/02/2012