O coaching é unha técnica innovadora que nace da relación entre o mundo empresarial e o deportivo que se está a facer un oco no proceso de formación da alta dirección. Este anglicismo, aínda sen unha tradución exacta, ten como finalidade o desenvolvemento de habilidades relacionais do individuo tanto a nivel profesional como persoal coa axuda dun facilitador ou coach. Esa é a responsabilidade que o experto na materia, Joaquín Dosil, profesor na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, vai asumir no Fórum Cicerón o vindeiro 6, 7 e 8 de abril na illa de San Simón, un evento no que formará aos 32 universitarios máis talentosos de Galicia a través da técnica do debate. “O coaching permite que as persoas vaian descubrindo por si mesma as fases que debe superar, mellorando nun aspecto determinado”, explica o docente.
10/03/2011