En todas as presentacións dunha peza audiovisual é frecuente ver ao seu director, á parella de actores protagonistas, ao seu produtor, pero, é o guionista? Baixo esta perspectiva o ciclo Master Class Augal 2010-2011, promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia en colaboración coa Universidade, pecha a súa primeira edición rendéndolle unha homenaxe ao labor do que en esencia “crea a historia”. Para iso, convidaron ao guionista e profesor David Formoso e a Simón Vázquez, artífices do documental Man, Home sen Paz, peza na que tentan plasmar “a vocación artística e cultural de Man, lonxe de estereotipos”.
03/05/2011