Somos o que lembramos e a memoria do noso corpo é o noso ADN. Por iso, un grupo de alumnos da Facultade de Belas Artes recolle nunha mostra o seu ADN, un álbum fotográfico sobre o pasado, os recordos, as perdas e as esperanzas. Inaugurada esta semana na Residencia de Maiores de Campolongo, a exposición ADN Álbum permanecerá aberta ata o 2 de agosto. Doa Ocampo, Carmen Pastoriza, Marina Vázquez, Leticia Gómez, Santiago Besteiro, Marcos Covela, Antón Feijóo e Sabrina Fernández son os oitos artistas e alumnos da Facultade de Belas Artes que presentan dúas instalacións fotográficas e seis vídeo instalacións.
21/07/2010