A rutina do último curso de Esdemga é todos os anos a mesma. O alumnado remata as clases en febreiro. Logo fan prácticas en empresas ao tempo que desenvolven o seu proxecto fin de carreira e, á altura de novembro, chega o intre máis esperado, a súa posta de largo profesional a través da pasarela Debut. Así foi tamén no caso de Isabel Mastache, que traballou os últimos meses en D-Due de Rianxo, mentres preparou o se traballo de fin de estudos. O esforzo valeu a pena, pois o xurado outorgoulle o primeiro premio, un recoñecemento que sumou ao acadado no Tesoira 2008. Agora, unha semana despois, fai balance dese momento e comeza a mirar cara ao futuro.
03/12/2009