Finlandia, Francia, Alemaña, Noruega, Italia ou Portugal. A charla informativa sobre as bolsas Erasmus celebrouse na EUET Forestal pero as mentes dos estudantes viaxaban dun país ao outro. A responsable da Oficina de Relacións Internacionais, Amelia Rodríguez, animou aos estudantes a solicitar as bolsas e explicou o procedemento de concesión. Pola súa parte, a técnica da Vicerreitoría de Relacións Institucionais, Alicia López, presentou as características do Erasmus-Prácticas mediante o cal o alumnado poderá realizar un período de prácticas nunha empresa ou organización doutro país.
17/02/2009