Cada verán, resulta habitual contemplar como as augas do encoro de A Baxe, en Caldas de Reis, cobran unha intensa cor verdosa, motivada pola proliferación de varios tipos de algas verdes, entre as que se atopan as cianobacterias, unha especie tóxica para o ser humano. A luz e as altas temperaturas, sumadas á falta de precipitacións, converten durante o verán a este encoro “no espazo ideal” para o crecemento destas algas. Mais esta proliferación non se fundamenta só nas condicións climatolóxicas, posto que as algas que crecen no encoro contan con “abondosos nutrientes”, como explica a investigadora da EE Forestal Xana Álvarez, que vincula esta problemática ao feito de que o bosque de ribeira do Umia “estea deteriorado na súa practica totalidade”, xa que este “actúa como un filtro verde, que retén os nutrientes e impide que cheguen en niveis elevados ao encoro”.
08/09/2014