Moi ilusionada e “coas pilas ben cargadas”, así regresa a Pontevedra Rocío González Balcázar, alumna do cuarto curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, despois de participar en Bruxelas, representando á Universidade de Vigo, nun debate radiofónico que promove periodicamente o programa Euranet (European Radio Network). Nesta semana, González Balcázar tivo a oportunidade de preguntarlle directamente á comisaria europea de Educación, Cultura, Multilingüismo, Xuventude e Deporte, Androulla Vaisillou sobre o novo programa de mobilidade para estudantes en Europa, Erasmus+.
27/09/2013