Co obxectivo de contribuír á conservación da especie de sapoconcho europeo (Emys orbicularis), o réptil máis ameazado de extinción en Galicia, o grupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación da EU de Enxeñaría Técnica Forestal, comezou unha investigación para comprobar ata que punto as condicións climáticas e biolóxicas do complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán eran compatibles cunha futura reintrodución da especie. Tras varios anos de estudo e traballo, o director do proxecto, Adolfo Cordero, concluíu que o ambiente de Corrubedo é apropiado para a supervivencia da especie, polo que unha futura reintrodución, despois dun proxecto de mellora do hábitat, ten unha elevada probabilidade de éxito.
30/01/2008