Fronte a monos de traballo e uniformes varios, xeracións e xeracións de mulleres tiveron a bata ou o mandilón como indumentaria dun traballo menos visibles, pero tan importante como o remunerado para o mantemento das casas e as familias. Por ese motivo e porque hai tanta batas e xeito de levalas como tipo de mulleres, a realizadora Claudia Brenlla elixiu esta prensa como símbolo do feminino e das diferentes posturas ante o feminismo e plasmouno no seu documental Bata por fóra, muller por dentro, que este mércores presentou no campus dentro das actividades organizadas pola Área de Igualdade e a Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes para conmemorar a celebración do Día Internacional da Muller.
10/03/2010